Axuda
Como activar a app e respostas ás dúbidas máis habituais.
Activar a app
- Abre Ajustes no teu iPhone.
- Vai a Apps › Teléfono › Bloqueo e identificación de llamadas.
- Activa No, gracias.
O botón «Abrir Ajustes» da app lévate directamente. Ata que a actives, as chamadas 400 chegarante coma sempre.
Preguntas frecuentes
Que diferenza hai entre identificar e bloquear?
Con identificar, a chamada soa, pero na pantalla verás «Comercial (400)» (ou a etiqueta que escollas) e decides se contestas. Con bloquear, as chamadas 400 non soan nin aparecen, e quen chama non se decata. Con desactivado, chéganche coma calquera outra chamada.
Non aparece «No, gracias» en Bloqueo e identificación de llamadas
Agarda uns segundos despois de instalar a app e volve entrar. Se segue sen aparecer, reinicia o iPhone; como último recurso, desinstala e volve instalar a app.
Por que tarda a primeira vez?
A app carga en iOS un millón de números (todos os que empezan por 400). A primeira carga en modo identificar pode tardar uns segundos, e a app mostra o progreso. Despois, cambiar entre identificar e bloquear é moito máis rápido.
Podo ver que chamadas se bloquearon?
En Recientes, na app Teléfono, as chamadas bloqueadas quedan como «Número bloqueado», e as identificadas, coa súa etiqueta. A app non ten acceso ao teu historial.
Segue chamándome publicidade desde outros números
A obriga do 400 aplícase ás chamadas comerciais feitas en España. As que chegan desde outros países ou incumpren a norma poden seguir usando outros números. Na guía do prefixo 400 contámosche que podes facer.
Como cambio de modo automaticamente?
Tes tres opcións:
- Concentración: Ajustes › Concentración › (por exemplo, Dormir) › Filtros de concentración › Añadir filtro › No, gracias, e escolle o modo.
- Centro de Control: engade o botón «Llamadas 400» para pasar de identificar a bloquear cun toque.
- Siri e Atajos: usa a acción na app Atajos, ou pídello a Siri en castelán, por exemplo «Bloquear llamadas comerciales con No gracias».
É compatible co filtrado de números descoñecidos de iOS?
Si. Podes usar as dúas funcións á vez: as chamadas 400 que bloquea «No, gracias» non chegan a soar, e ao resto de números descoñecidos aplícaselles o que escolliches en Ajustes › Apps › Teléfono.
A app necesita internet ou ve as miñas chamadas?
Non. Todo ocorre no teu iPhone. Le a política de privacidade.
Necesitas máis axuda?
Escríbenos a [email protected] e indícanos que modelo de iPhone e que versión de iOS tes.