Icona de No, gracias: unha man levantada

No, gracias

Identifica ou bloquea no teu iPhone as chamadas comerciais co prefixo 400.

Consíguelo en el App Store

Para iPhone. Gratis, sen anuncios, sen contas e sen recoller datos.

Pantalla principal co modo identificar escollido
Escolle que facer coas chamadas 400
Pantalla principal co modo bloquear escollido
Bloquéaas cun toque
Pantalla para cambiar de modo automaticamente
Ou deixa que cambie soa

Identificar

A chamada soa, pero verás «Comercial (400)» na pantalla e decides se contestas.

Bloquear

As chamadas 400 non soan nin aparecen. Quen chama non se decata.

Coa túa concentración

Bloquea mentres dormes ou traballas e volve identificar o resto do día, soa.

Privada de verdade

Todo ocorre no teu iPhone. Non ve as túas chamadas, os teus contactos nin o teu historial.

Por que o 400?

Desde o 17 de outubro de 2026, as chamadas comerciais en España deben facerse desde números que empezan por 400. Así pódense recoñecer dunha ollada, e «No, gracias» recoñéceas por ti. Que di a norma · Como bloquear o 400 no iPhone.

Como funciona

  1. Instala a app e ábrea.
  2. Actívaa en Ajustes › Apps › Teléfono › Bloqueo e identificación de llamadas.
  3. Escolle identificar ou bloquear. Podes cambialo cando queiras desde a app, o Centro de Control, Siri ou Atajos.

Gratis, e así seguirá

Non ten anuncios, nin versión de pago, nin subscrición. Se che resulta útil, desde a app podes convidar a un café ao desenvolvedor. Non desbloquea nada: é só unha forma de dar as grazas.

iOS non ten interface en galego; por iso, os camiños de Ajustes aparecen en castelán, tal como os verás no iPhone.